domingo, 29 de junio de 2008

Boas Noites Gobernantes


Nunca entenderei os políticos, como dormen polas noites, como poden esquecerse de todos nós, porque cando saben que o Chamoselo baixa ferido, non fan nada, cando algún deles lles doe a cabeza ¿non van o médico?, ¿non fan nada?. O desenrolo é queimar o noso patrimonio, imaxínome que cando rematen con todo xa non haberá nada que conservar e todos contentos. Teremos a cidade da cultura para ver os vídeos do que era un río, do que era unha mámoa, ou en definitiva para ver coma seres doutro planeta o que fomos. Nestes tempos escuros para as Fragas, recordamos os tempos antes de ser chamados parque Natural, pechamos os ollos e recordamos con ledicia, como era antes de vir o chamado progreso, cando Caaveiro estaba sen cementar e as hedras podían medrar pola ponte sen que haxa tubos encarnados cheos de cables, cando no chan podían medrar al landras e castañas, que caian dos árbores. Pero nos somos pequenos, insignificantes, somos eses bechos que pisan as señoras co seu tacón de agulla nas visitas guiadas, nas presentacións, (verdade conselleira Caride), que mais dá que foramos os primixenios poboadores, os conservadores das zoas que vostedes non miran por elas, hoxe non plan Natura. Ante a esquilma que seguirán facendo, Boas Noites, e sigan durmindo que a nós xa sabemos o que nos toca.