domingo, 1 de febrero de 2009

Os novos axentes locais en Lugo


Parece ser que despois da falta de efectivos a policía local de Lugo, contratou a novos axentes con minusvalías, o cal é unha gran idea nestes tempos de eleccións, tendo en conta que o día seguinte de tomar esta foto, vaise pasar por Lugo o Sr. Zapatero e Touriño (“Os Presidentes”), e sempre é necesario aumentar os efectivos. Porque cando envioume a foto o meu curmán lugués, veciño do parque de Rosalía, fun un pouco mal pensado e pensei no pouco respecto que teñen en Lugo as prazas de aparcamento reservados para xente con minusvalías, e moito mais delito ten que os que nos deben de protexer deses vándalos non dean exemplo. Pero xa que o meu primo e un cerambícido bastante educado, e non come mais follas das que debe no parque, imos a optar por pensar ben, e felicitar o concello de Lugo por contratar a novos axentes, para que a xente con minusvalías teñan sempre sitio onde aparcar.