viernes, 27 de noviembre de 2009

Merci, Messeur Dani


Hoxe tingue o ceo esa cor tan melancólica que fixo que sendo un rapaz decidiras que ti, tiñas que vivir en Galicia. As verbas hoxe non chegan para resumir todo o saco de recordos de aventuras e desventuras que vivimos nesta terra. Gustaríame lembrarte coma na foto, o día que nos descubriches o bocata bretón, coa manteiga salgada, ¡Que pincho!. Sempre ó rematábamos antes da exquisita tortilla do Alaska, e tí sempre rematabas dicindo “Pero non tedes casa”. En fin..., coma nos xa non cremos noutros mundos, tan so queda pensar que o teu recordo non perecerá nos que te coñecimos, que sempre haberá un Dani Francés (mira que te fodía que te chamáramos así) nos nosos corazóns, e que dende que non estás as cañas xa non teñen o sabor agridoce con que matabamos as penas na túa compaña. Botámoste de menos cabrón, e como non me despido botándome do Bar. ¡A la puta calle!. Merci messeur Dani.

domingo, 20 de septiembre de 2009

Variacións análogas


E no musgo no que estamos; andaino, soez e invermeraco, andamos a esportas, de vermes chupa sangues, e verberracos, de merdas de feitos incorrexibles, que acolloados pola merda dos medios non temos a conta a admitir, molanos, prestanos que unha cocainomana sen xeito por acostarse con un máis coñecido, conte as suas vivencias, e unha imaxen. Fai tempo que un amigo de outra pola, contaba que hoxe en día o periodismo e encher canles da TDT, algo que graciñas algún deus, non chegará as FRAGAS, pois como non, non hai cobertura. Fai uns días, díxome un primo dos ANCARES, que agora mesmiño esta pragado de arándanos, ¡e qué festa!, podes ir monte pa arriba e monte pa baixo, e é todo e un mundo, pero coidado coas vacas que hoxe por hoxe son as animas do traxe de cores. Non vos esquezades, o tempo vai amodiño, e o ceo, está hoxe cheo de Jets privados que levan unha parte sustancial do que gañades vos. Cantos fomos machacados para o disfrúte dalgúns, tan so valendose en que non somos todos iguais, ou tan bonitos, coma os canones que impoñen os dos Jets, !se todos temos a mesma hemolinfa que corre polos nosos conductos!, a diferencia que eu vexo tan so é unha variación, que tal vez sexa a que nos fai iguais.
Eu voume deitar coa Lúa que hoxe está ceibada e dime cousas tan belas as que nin unha AROMIA coma min pode deixar de pasar, que bo sería, que todas vivirades o mencer e o solpor nas mans da nai LÚA. E para variar unha cita que faime preguntar ¿Que coño é o de RAZAS?

"Especies distintas presentan variacións análogas, de maneira que frecuentemente unha variedade dunha especie pode adquirir caracteres propios doutra especie próxima, ou volver a algúns dos caracteres propios dun antergo lonxano."

UN TAL DARWIN

martes, 2 de junio de 2009

Somos Parvos


Xa están a facer da súas, xa empezando a arder, e tanto ceo coma inferno mestúranse nun pesadelo que non permite diferenciar o dia da noite, nos xa sabemos que somos a esmola en comparanza cos grandes carballos, tal vez o inferno sexa o que merezamos por non defender a nosa terra. Moitos dos cargos que antes destruíron os nosos rios foron premiados, o que non deixa de ser un pouco incribel neste tempos que corren de crise. Os galegos parece que nunca tiverón a ninguén que os representase, que conseguira facer desta terra un pais con orgullo, de toda a natureza que ten de saber aproveitala, de poder desfrutar da terra en sí, e non de permañecer debaixo do xugo e o arado que dan de comer os catro patufos desleigados, que xa recriminaba o gran poeta Celso. Se os montes arden, pódese partir xa dun problema de educación, que nunca se plantexa a reforma en si, dos benefícios dun povo que non ten outras aspiracións que chegar a ser funcionario, para ter un salario fixo, vacións, e non rascala. Mentres xente que vive o monte con paixón vense pisoteados por este tipo de individuos, que cun poder caciquil, teñen a falla de vergoña para presumir dos seus cargos, mentres o povo aplaude, e vai votar nunhas eleccións dunha suposta Europa que se existira de verdade teria a todos estes persoaxes no cárcere, e non a outros. Tal vez os escarabellos coma min tan só nos quedes encomendarnos a Deus e rezar unhas cantas pregarias para que isto vaia rematando dunha vez por todas, para non ter que seguir a destrozar a alma. Algúnha vez oín por aí que Deus é galego, e se é así iso explica moitas cousas, pois visto o visto tamén será coma nós PARVO.

sábado, 25 de abril de 2009

Hoxe é 25 de Abril.



Agora que saín nunha partida de madeira para Portugal, estou coñecendo mundo, e casualidades da vida, cheguei a Capela dos Ossos en Évora, pretiño de Lisboa. Como di a entrada "Nos ossos que aqui estamos polos vossos esperamos", unha boa frase para lembrar a algún inmortal que hai por aí. Moi preto de Évora está Guadalupe, que ten un círculo lítico, segundo din alí o mais grande da Peninsula Iberica, moi visitado, algún lle entra a morriña, para dicir, o que puido ser e non foi. Pero ven hoxe é unha gran festa pola revolución dos cravos, e todo Portugal está en festa, así que boas festas a todos, e tamén ós monárquicos.

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto, igualdade
O povo é quem mais ordena

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola, a tua vontade

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

José (Zeca) Afonso.

domingo, 22 de marzo de 2009

Ferrol-Ortegal

domingo, 1 de febrero de 2009

Os novos axentes locais en Lugo


Parece ser que despois da falta de efectivos a policía local de Lugo, contratou a novos axentes con minusvalías, o cal é unha gran idea nestes tempos de eleccións, tendo en conta que o día seguinte de tomar esta foto, vaise pasar por Lugo o Sr. Zapatero e Touriño (“Os Presidentes”), e sempre é necesario aumentar os efectivos. Porque cando envioume a foto o meu curmán lugués, veciño do parque de Rosalía, fun un pouco mal pensado e pensei no pouco respecto que teñen en Lugo as prazas de aparcamento reservados para xente con minusvalías, e moito mais delito ten que os que nos deben de protexer deses vándalos non dean exemplo. Pero xa que o meu primo e un cerambícido bastante educado, e non come mais follas das que debe no parque, imos a optar por pensar ben, e felicitar o concello de Lugo por contratar a novos axentes, para que a xente con minusvalías teñan sempre sitio onde aparcar.

lunes, 26 de enero de 2009

Que os leve o vento


A incompetencia segue patente, os nosos políticos poñen outra vez de manifesto que chamarlles incompetentes é facerlles un favor, cando o venres foise a luz pensei, agora pode pasar coma nos U.S.A., e a xente a romper os cristais das multinacionais, e arramplar con todo, pero non, de fondo o son das alarmas, tan so inspiraba os soños mais macabros, o tema foi mandarse unha cervexa, e debuxar no cristal da porta unha caricatura do dono do bar. Cando teremos os políticos que nos merecemos, e non “O Presidente” que mentres a xente mercaba grupos electróxenos para non pasar frío, el seguía de campaña electoral, o peor e que estes botaban pestes, cando Fraga e Cascos andaban por outros derroteiros cando o “Prestige”. Segundo “La Coz” moitos galeguiños imos a votar o primeiro de marzal en branco, por desencanto desta suposta esquerda. E unha pena que os bechos da Fraga non podamos presentarnos as eleccións, pois coñezo un verme que ten un cabezón que sería a envexa de algún, a ten tan grande que non o puido levar o vento.

lunes, 12 de enero de 2009

Palestina