martes, 2 de junio de 2009

Somos Parvos


Xa están a facer da súas, xa empezando a arder, e tanto ceo coma inferno mestúranse nun pesadelo que non permite diferenciar o dia da noite, nos xa sabemos que somos a esmola en comparanza cos grandes carballos, tal vez o inferno sexa o que merezamos por non defender a nosa terra. Moitos dos cargos que antes destruíron os nosos rios foron premiados, o que non deixa de ser un pouco incribel neste tempos que corren de crise. Os galegos parece que nunca tiverón a ninguén que os representase, que conseguira facer desta terra un pais con orgullo, de toda a natureza que ten de saber aproveitala, de poder desfrutar da terra en sí, e non de permañecer debaixo do xugo e o arado que dan de comer os catro patufos desleigados, que xa recriminaba o gran poeta Celso. Se os montes arden, pódese partir xa dun problema de educación, que nunca se plantexa a reforma en si, dos benefícios dun povo que non ten outras aspiracións que chegar a ser funcionario, para ter un salario fixo, vacións, e non rascala. Mentres xente que vive o monte con paixón vense pisoteados por este tipo de individuos, que cun poder caciquil, teñen a falla de vergoña para presumir dos seus cargos, mentres o povo aplaude, e vai votar nunhas eleccións dunha suposta Europa que se existira de verdade teria a todos estes persoaxes no cárcere, e non a outros. Tal vez os escarabellos coma min tan só nos quedes encomendarnos a Deus e rezar unhas cantas pregarias para que isto vaia rematando dunha vez por todas, para non ter que seguir a destrozar a alma. Algúnha vez oín por aí que Deus é galego, e se é así iso explica moitas cousas, pois visto o visto tamén será coma nós PARVO.