sábado, 20 de diciembre de 2008

Cenizas del cielo


Houbo un sentimento primixenio de amar a nosa nai natureza, no cal non entraban os tecnicismos, tan só, tiñamos a necesidade de coidar dela coma ela nos coidou de novos. Ese sentimento é anterior a todos os tratados e movemento ecolóxicos, é o berce do ecoloxismo e naturalismo. Esta sensación deuma o filme “Cenizas del cielo”, onde Federico (personaxe real), loita contra a central térmica que levou parte da súa vida. Para todos aqueles que viven nesta comarca é de vista obrigada, e para o resto aconsellable, tan so por ver coma o home, aínda pode defender a súa nai, e que está non entende de razas, idades, clases sociais, etc. Tristemente xa non se pode ver no cine, pero se por casualidade tedes a oportunidade, tedes unha cita obrigada.

martes, 18 de noviembre de 2008

O río baixa o pH, e durmén os Governantes


Coma non señor Bono, moito fillo de puta anda solto, sobor de todo do Opus Dei, ou de outras faccións católicas, ás cales tal vez vostede pertenza ou sinta simpatía. Sor Milagros tal vez fora boa persoa, outra mártir máis, dunha guerra que non tivo ni senso ni razón, de irmáns contra irmáns. Ela, asustaríase de ver a súa persoa en feiras de tal importancia, mentres gran parte do país vaise o paro. Ten razón, canto fillo de puta co cu cadrado de tanto inxerto na cachola, saído do salario pagado, co suor de tanto San Obreiro. O cal creo que non está en ningunha placa conmemorativa no congreso, claro é que sería moi difícil beatificalo hoxe por hoxe tal coma está a cúpula do clero. A nos na fraga, prestanos que o aire fresco do inverno, síntase na cachola, pois así non nos empodrecen os pensamentos, e tamén teñen mais campo aberto para poder chegar os señores gobernantes, dende o meu salgueiro voulle dar un pequeno consello, sen que serva de precendente, POÑA BOINA SEÑOR BONO, que a cachola non colle frío e deixa saír os bos pensamentos.

domingo, 29 de junio de 2008

Boas Noites Gobernantes


Nunca entenderei os políticos, como dormen polas noites, como poden esquecerse de todos nós, porque cando saben que o Chamoselo baixa ferido, non fan nada, cando algún deles lles doe a cabeza ¿non van o médico?, ¿non fan nada?. O desenrolo é queimar o noso patrimonio, imaxínome que cando rematen con todo xa non haberá nada que conservar e todos contentos. Teremos a cidade da cultura para ver os vídeos do que era un río, do que era unha mámoa, ou en definitiva para ver coma seres doutro planeta o que fomos. Nestes tempos escuros para as Fragas, recordamos os tempos antes de ser chamados parque Natural, pechamos os ollos e recordamos con ledicia, como era antes de vir o chamado progreso, cando Caaveiro estaba sen cementar e as hedras podían medrar pola ponte sen que haxa tubos encarnados cheos de cables, cando no chan podían medrar al landras e castañas, que caian dos árbores. Pero nos somos pequenos, insignificantes, somos eses bechos que pisan as señoras co seu tacón de agulla nas visitas guiadas, nas presentacións, (verdade conselleira Caride), que mais dá que foramos os primixenios poboadores, os conservadores das zoas que vostedes non miran por elas, hoxe non plan Natura. Ante a esquilma que seguirán facendo, Boas Noites, e sigan durmindo que a nós xa sabemos o que nos toca.

martes, 29 de enero de 2008

A censura nestes tempos.


No intento de facer dano dalgunha xente, atopámonos con centos de xeitos. Hai quen prende os montes, quen contamina os ríos, pero os peores de todos son os que manipulan a información. Sei que outros compañeiros blogueiros tiveron problemas con isto, dende esta Fraga vai todo o noso apoio. Non poden controlar o canto dos paxaros, o mesmo que o croar das ras, tan pouco que eu e as miñas compañeiras comamos as sabrosas follas de salgueiro, ou mellor dito non se debe, porque si que o poden facer, poden fumigarnos, atacarnos coas súas armas. Internet e liberdade, o que deberían ser todos os medios de comunicación, non tan so un escaparate do que queren facernos ver. A Fraga é moi reducida, pero un universo para nos, na nosa vida a maior parte dos habitantes nunca sairemos da Fraga, pero sabemos que hai mais fragas, igual de fermosas ou mais, nas que outras Aromias, outros Carballos,..., viven e seguen vivindo, coma nos, en distintas latitudes pero coma nós, con similares ameazas ou problemas. Niguén debe taparlles a boca, e menos usar o poder para taparlla. ¿Ou non é certo?.

miércoles, 23 de enero de 2008

Tiña 87 primaveras


Tiña 87 primaveras, e moito que contar, que vender e que lembrar. Era Jovita unha das mais recoñecidas e míticas tendeiras de Lugo. Podías achegarte a súa tenda a calquera hora, e atopar todo un universo de produtos, para pasar o apuro ou para regalar alguén. Nos derradeiros anos ela se foi convertendo na raíña do botellón, ninguén podía con Jovita, tan só unha mestura dese frío lugués que cala nos osos, e as veces parece que quedase a vivir no inverno, no interior de un, conseguiu que Jovita pechase. Agora que xa non fago o botellón, que as cousas van mais ala do fin de semana próximo, sempre que pasaba por diante de Jovita, me apetecía pasar a comprar algo, unhas patacas, iogures, galletas..., abrindo paso entre as bombonas de butano encadeadas (quen non se quedou sen auga quente, ¿e onde collo butano?, Jovita tiña a solución), ela, en bata de casa e zapatillas abría a porta, e sempre tiña conversa. Ti saias da tenda, non so co que comprabas, tamén levabas ese sentimento morriñento de cando eras pequeno e con cinco pesos, mercabas un paquete de “gusanitos” e dous “caramelos de cubalibre”, na tenda que tiñas preto da casa, onde a túa nai mandaba ir levar as 3 pesetas que lle faltarán fai unha hora para o pan. Esas tendan que tiñan o nome da dona, por todos coñecida. Jovita coa túa morte non só morre unha tendeira, morre unha forma de vida, coa que medramos moitos de nos. Nestes tempos onde os novos, dise que non temos inquedanzas nin ideais, nin figuras, ti xuntaches os novos e non tan novos, poñendo nos de acordo en algo, "Jovita te botaremos de menos". No ceo dos meus soños, Casa Jovita, seguirá sendo o verdadeiro 24 horas.

viernes, 18 de enero de 2008

Nestes tempos escuros


Nas brétemas dos tempos escuros, os homes destruíron as lembranzas dos seus antergos, eliminaban os rastros do que un día foron, do que amaron, creron, e polo que loitaron, as lendas se extinguiron, xa non pasaban de pais a fillos, xa non tiñan pasado. Tan só, un vaso estrado, desaparecido con forma de campa, recordaba aquel tempo, todos aqueles que bebían del, nun momento escoitaban as verbas dos seu antergos no vento. Pero todo iso foi, nas brétemas dos tempos escuros.

martes, 15 de enero de 2008

A feira das luminarias.


"Andamos alporizados na Fraga, nestes derradeiros tempos de eleccións, todo é prometer, e todo e contra nos". Dixo un carballo que ata queren poñer centrais nucleares, pois os humáns non dan feito coa corrente. Eu propoño que os políticos en vez de regalar os chisqueiros, que despois serven para pornos a calefacción a todos nos. Regalen luminarias de baixo consumo. Xa vexo os fabricantes facendo o agosto. O podedes imaxinar, o novo piso do voso colega, coas luminarias do PP, !e que dan mais luz que as de EU¡, o outro que por ideoloxía prefire as do BNG. Recordo cando estaba na escola dos cerambicidos, que sí, que nos tamén imos a escola, que ó noso grupo era o dos iluminados, tal vez por isto desvaríe tanto coa luz.