miércoles, 2 de junio de 2010

A Crise económica narrada por un verde

Oxalá oubera discursos coma esté no noso parlamento.
Graciñas pola tradución a Pedro Olalla

lunes, 19 de abril de 2010

Camiño dos Arrieiros


Saída en autocar: 9´30 h diante do local da A.VV. das Campeiras
Chegada en autocar ás Pontes: 20:00h


O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.

Máis de 80 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.

Nesta ocasión realizaremos o segundo e derradeiro treito duns 23,5 km., a través do concello de Mañón.

A inscripción pode facerse no seguinte enderezo: http://www.amigus.org/festas/roteiro_camino_arrieiros2/formulario.php ou chamando ao teléfono móbil 670.43.24.91

Data límite de inscrición: 23 de abril.

PREZO: Gratuíto para todo o mundo.

Que levar: Xantar para o mediodía e auga para o camiño. Calzado cómodo (botas de montaña) e roupa axeitada para andar polo monte. Roupa de augas por si chove.