miércoles, 16 de noviembre de 2011

25 anos de Clavi


O fin de festa do clavi sempre me mantivo cunha falla de acritud ante o mundo real, que poucas veces, poderei comparar con outro sitio, igual que para os creentes, pode existir Santiago, ou a Meca, para min existe o ambiente máxico musical, dentro do Clavi en Lugo. Alí saquei o millor master na miña vida, o único que valeu para algo, e que me quitou moitas veces a castañas do lume, a filosofía de barra. Mollar a palabra sobre calquera tema, escoitar músicos que tornabanse imprescindibles, non podería voltar a vivir se eles. Se deus existe, ten a súa virtude musical posta nese escenario arropado por retratos da maior parte dos meus idolos. O Clavi cumpre 25 anos e a xente do Clavi, siguen incombustibles, noite tras noite provocando a evexa a todos os que nos gustaría adormecernos co sabor do que volta para casa coas luces doutro día, uns acordes na alma e un juanito caminante, galopante no alento. Dende o meu novo lugar no mundo, sempre fago unha escapada para conseguir chegar a ese remanso fora do mundo, onde sempre estamos en calma. Que siga por moitos anos máis.