martes, 29 de enero de 2008

A censura nestes tempos.


No intento de facer dano dalgunha xente, atopámonos con centos de xeitos. Hai quen prende os montes, quen contamina os ríos, pero os peores de todos son os que manipulan a información. Sei que outros compañeiros blogueiros tiveron problemas con isto, dende esta Fraga vai todo o noso apoio. Non poden controlar o canto dos paxaros, o mesmo que o croar das ras, tan pouco que eu e as miñas compañeiras comamos as sabrosas follas de salgueiro, ou mellor dito non se debe, porque si que o poden facer, poden fumigarnos, atacarnos coas súas armas. Internet e liberdade, o que deberían ser todos os medios de comunicación, non tan so un escaparate do que queren facernos ver. A Fraga é moi reducida, pero un universo para nos, na nosa vida a maior parte dos habitantes nunca sairemos da Fraga, pero sabemos que hai mais fragas, igual de fermosas ou mais, nas que outras Aromias, outros Carballos,..., viven e seguen vivindo, coma nos, en distintas latitudes pero coma nós, con similares ameazas ou problemas. Niguén debe taparlles a boca, e menos usar o poder para taparlla. ¿Ou non é certo?.

miércoles, 23 de enero de 2008

Tiña 87 primaveras


Tiña 87 primaveras, e moito que contar, que vender e que lembrar. Era Jovita unha das mais recoñecidas e míticas tendeiras de Lugo. Podías achegarte a súa tenda a calquera hora, e atopar todo un universo de produtos, para pasar o apuro ou para regalar alguén. Nos derradeiros anos ela se foi convertendo na raíña do botellón, ninguén podía con Jovita, tan só unha mestura dese frío lugués que cala nos osos, e as veces parece que quedase a vivir no inverno, no interior de un, conseguiu que Jovita pechase. Agora que xa non fago o botellón, que as cousas van mais ala do fin de semana próximo, sempre que pasaba por diante de Jovita, me apetecía pasar a comprar algo, unhas patacas, iogures, galletas..., abrindo paso entre as bombonas de butano encadeadas (quen non se quedou sen auga quente, ¿e onde collo butano?, Jovita tiña a solución), ela, en bata de casa e zapatillas abría a porta, e sempre tiña conversa. Ti saias da tenda, non so co que comprabas, tamén levabas ese sentimento morriñento de cando eras pequeno e con cinco pesos, mercabas un paquete de “gusanitos” e dous “caramelos de cubalibre”, na tenda que tiñas preto da casa, onde a túa nai mandaba ir levar as 3 pesetas que lle faltarán fai unha hora para o pan. Esas tendan que tiñan o nome da dona, por todos coñecida. Jovita coa túa morte non só morre unha tendeira, morre unha forma de vida, coa que medramos moitos de nos. Nestes tempos onde os novos, dise que non temos inquedanzas nin ideais, nin figuras, ti xuntaches os novos e non tan novos, poñendo nos de acordo en algo, "Jovita te botaremos de menos". No ceo dos meus soños, Casa Jovita, seguirá sendo o verdadeiro 24 horas.

viernes, 18 de enero de 2008

Nestes tempos escuros


Nas brétemas dos tempos escuros, os homes destruíron as lembranzas dos seus antergos, eliminaban os rastros do que un día foron, do que amaron, creron, e polo que loitaron, as lendas se extinguiron, xa non pasaban de pais a fillos, xa non tiñan pasado. Tan só, un vaso estrado, desaparecido con forma de campa, recordaba aquel tempo, todos aqueles que bebían del, nun momento escoitaban as verbas dos seu antergos no vento. Pero todo iso foi, nas brétemas dos tempos escuros.

martes, 15 de enero de 2008

A feira das luminarias.


"Andamos alporizados na Fraga, nestes derradeiros tempos de eleccións, todo é prometer, e todo e contra nos". Dixo un carballo que ata queren poñer centrais nucleares, pois os humáns non dan feito coa corrente. Eu propoño que os políticos en vez de regalar os chisqueiros, que despois serven para pornos a calefacción a todos nos. Regalen luminarias de baixo consumo. Xa vexo os fabricantes facendo o agosto. O podedes imaxinar, o novo piso do voso colega, coas luminarias do PP, !e que dan mais luz que as de EU¡, o outro que por ideoloxía prefire as do BNG. Recordo cando estaba na escola dos cerambicidos, que sí, que nos tamén imos a escola, que ó noso grupo era o dos iluminados, tal vez por isto desvaríe tanto coa luz.