martes, 29 de enero de 2008

A censura nestes tempos.


No intento de facer dano dalgunha xente, atopámonos con centos de xeitos. Hai quen prende os montes, quen contamina os ríos, pero os peores de todos son os que manipulan a información. Sei que outros compañeiros blogueiros tiveron problemas con isto, dende esta Fraga vai todo o noso apoio. Non poden controlar o canto dos paxaros, o mesmo que o croar das ras, tan pouco que eu e as miñas compañeiras comamos as sabrosas follas de salgueiro, ou mellor dito non se debe, porque si que o poden facer, poden fumigarnos, atacarnos coas súas armas. Internet e liberdade, o que deberían ser todos os medios de comunicación, non tan so un escaparate do que queren facernos ver. A Fraga é moi reducida, pero un universo para nos, na nosa vida a maior parte dos habitantes nunca sairemos da Fraga, pero sabemos que hai mais fragas, igual de fermosas ou mais, nas que outras Aromias, outros Carballos,..., viven e seguen vivindo, coma nos, en distintas latitudes pero coma nós, con similares ameazas ou problemas. Niguén debe taparlles a boca, e menos usar o poder para taparlla. ¿Ou non é certo?.

No hay comentarios: