lunes, 16 de julio de 2007

¿Quen dixo medo...?


Os homes fan as leis, moitas veces para protexernos, o problema é saber que as fai cumprir, os meus veciños da fraga do lado, dixome unha prima, que vanlle facer unha mina de andalucita. O caso pasa por a Quiastolita, unha roca que ten incrutada cristais deste mineral. A mina non é rentable, pero seguro que si polas axudas da zoa para quen a monta, outra cousa semellante pasou moi preto nas Pontes, cunha empresa chamada Italtel. Os humáns non aprecián o entorno disque aprecian o traballo, pero fan excursións os meus parentes cerabicidos do Iguazú, pero non coñecen Somede, Bermui, O Belelle. Pero nos, non temos medo, algún sabio dixo que a poboación humán desapareceria en dous anos se desaparecián as abellas, pero nos seguiremos.... O gracioso da situación é que eles terán 50 postos de traballo mais, para acelerar a súa extinción. Na fraga nunca entenderemos para que queredes os cartos nos cementerios. Quen dixo medo...?

No hay comentarios: