lunes, 16 de julio de 2007

¿Quen dixo medo...?


Os homes fan as leis, moitas veces para protexernos, o problema é saber que as fai cumprir, os meus veciños da fraga do lado, dixome unha prima, que vanlle facer unha mina de andalucita. O caso pasa por a Quiastolita, unha roca que ten incrutada cristais deste mineral. A mina non é rentable, pero seguro que si polas axudas da zoa para quen a monta, outra cousa semellante pasou moi preto nas Pontes, cunha empresa chamada Italtel. Os humáns non aprecián o entorno disque aprecian o traballo, pero fan excursións os meus parentes cerabicidos do Iguazú, pero non coñecen Somede, Bermui, O Belelle. Pero nos, non temos medo, algún sabio dixo que a poboación humán desapareceria en dous anos se desaparecián as abellas, pero nos seguiremos.... O gracioso da situación é que eles terán 50 postos de traballo mais, para acelerar a súa extinción. Na fraga nunca entenderemos para que queredes os cartos nos cementerios. Quen dixo medo...?

miércoles, 4 de julio de 2007

Perdón a todos os que fixen dano.


As veces desfigurome, o reflexo da miña silueta na auga tornase real, e non me recoñezo a min mesmo, convertome en todo o que anoxo, sendo un ser enfermizo que arrastra as penas e as glorias de outros coma as suas propias, porque carece de identidade. Eses días preferiría non vivir, poñerme a invernar, e despertar na primaveira no nacemento da vida.

lunes, 2 de julio de 2007

Hoxe cortarón un árbore

Non era o derradeiro,
non era o mais vello
pero estaba nun parque.
A veira dun río,
cortarón o árbore.
Non era o mais grande
pero gardabanos da choiva
e outras veces dos aires,
na nosa fraga talarón unha árbore.
Non son asasinos,
tan só, son cobardes
as troitas do río
non atopan onde refuxiarse.
A Fraga está triste faltalle unha árbore